Medicina integrativa para gañar en saúde

Son Maria Uxía

Licenciada en Medicina e Experta
en Psiconeuroinmunoloxía clínica (PNI)

Por que decidín traballar a través da PNI?

Cando comecei os meus estudos en Medicina dinme de conta de que non quería limitar o meu futuro simplemente a paliar os síntomas dos doentes e comecei a buscar outra forma de enfocar os seus problemas, máis achegada e respectuosa.

Nesa busca atopei a psiconeuroinmunoloxía e deseguida souben que ese era o meu lugar.

O estudo da PNI foi para min un camiño de autocoñecemento e aprendizaxe, no que por suposto tamén puiden mellorar a miña propia saúde e solucionar certos problemas cos que xa tiña integrado vivir.

Entón dinme de conta de que non tiña que asumir que as xaquecas, alerxias ou o insomnio estarían comigo de por vida.

Estou aquí para…

Seguro que te estás a preguntar...
que é a PNI?

Resúltache familiar?

Asumir que convivir con isto é o “normal” non é a solución.

Saber cal é o estado da túa microbiota, se os teus hábitos son os adecuados, se existe algún factor externo relacionado con ese síntoma…

Son algunhas das cuestións que abordaremos na consulta para ter un diagnóstico funcional de cada problema

Vías de abordaxe:

A alimentación

Reconectar cunha alimentación evolutiva e máis consciente identificando aquilo que te inflama e desequilibra a túa microbiota.

A actividade física

Como forma de vida e adaptado ás necesidades de cada persoa. O exercicio é uns dos pilares da saúde e dunha vida plena.

Os biorritmos e a xestión do estrés

Recuperar un ritmo de vida coherente desde o punto de vista evolutivo.

O obxectivo de todo este proceso é que ti sexas o protagonista e te empoderes da túa propia saúde

Comezamos?

Consulta de PNI online

Reserva agora a túa primeira visita a través do seguinte calendario

Unha vez realizada a reserva poñereime en contacto contigo para finalizar os trámites e enviareiche un breve cuestionario para axudar a abordar o teu caso o día da consulta.

PRIMEIRA VISITA:
90 min.: 80€

Afondaremos na túa historia persoal para buscar a verdadeira raíz do teu motivo de consulta.

VISITA DE SEGUIMENTO
60 min.: 60€

Nelas iremos realizando os axustes necesarios para acadar os teus obxectivos de saúde.

Consulta de PNI en Ourense

Tanto se prefires reservar cita para unha consulta presencial como resolver calquera dúbida, podes escribirme a través do seguinte formulario de contacto ou enviarme un correo electrónico a: contacto@dramariauxiaalvarez.com

Estarei encantada de axudarche!

Responsábel: Maria Eugénia Álvarez Real
Finalidade: Contactar contigo.
Lexitimación: Consentimento do usuario.
Destinatario: Os datos que me vas facilitar a través  deste formulario de contacto, serán almacenados nos servidores do provedor de email e hosting, que tamén cumpre coa lei RGPD.
Dereitos: Poderás exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, limitación e suprimir os datos en contacto@dramariauxiaalvarez.com así como o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control.
Información adicional: En https://www.dramariauxiaalvarez.com/politica-de-privacidad/ de www.dramariauxiaalvarez.com, atoparás información adicional sobre a recompilación e o uso da súa información persoal, incluída información sobre acceso, conversación, rectificación, eliminación, seguridade e outros temas.

Tamén podes atoparme en Instagram

Medicina integrativa para gañar en saúde